Durante o pasado fin de semana (do 28 ao 30 de abril deste ano 2017) tivo lugar en Portonvo a XXII Festa da raia (unha das especies estrela da lonxa de Portonovo) polo que, aproveitando a ocasión, imos falar un pouco máis sobre a súa bioloxía, a súa captura e as diferentes especies que podemos atopar nas lonxas e pescaderías da Ría de Pontevedra.

Os rayiformes (Rajiformes) son unha orde de peixes cartilaxinosos estreitamente emparentados coas quenllas cos que comparten a estrutura xeral do esqueleto, o número, tipo de aletas, e a morfoloxía das hendiduras baranquiais. As raias diferéncianse dos seus parentes as quenllas pola posición ventral das súas branquias e pola forma aplanada do corpo, no cal as aletas pectorais únense ao tronco formando un «disco». Este tipo de corpo plano permítelle poder escavar na area para esconderse cando quere manterse a salvo de depredadores ou doutros perigos así como para alimentarse. A pesar da crenza popular de que as raias contan con aguillón venenoso, o certo é que tan só dúas familias (as cales non hai nas nosas costas) posúeno e este atópase situado no primeiro terzo da cola.

En canto ao súa flotabilidade a raia carece de vexiga natatoria (órgano que facilita a natación aos peixes) polo que para solucionalo acumula sustancias como a trimetilamina e a urea facendo o seu sangue isotónica (igual concentración de sales en sangue que na auga de mar), por iso, ainda que sexa fresca, desprende un cheiro a amoníaco.

A pesar de que a súa dieta está baseada principalmente en organismos bentónicos como poliquetos, equinodermos, camaróns, cangrexos, diversos bivalvos e pequenos peixes, é omnívora xa inclúe a carroña na súa alimentación.

Se nos fixamos na súa reprodución, son ovíparos alcanzando a madurez sexual entre os 7 aos 9 anos, madurando os machos antes que as femias. A posta corresponde a uns 20 ovos envoltos por unha cápsula córnea rectangular cunhas prolongacións acentuadas nos vértices duns 9-15 cm que son depositados nos fondos arenosos e fangosos cun período de incubación de 4 a 5 meses.

Podemos atopar raias en todos os océanos, desde o Ártico ata o Antártico, tanto en mar aberto, como en zonas de grandes profundidades onde se atopan nadando mesmo a 3000 metros por baixo da superficie do mar. Ademais, existen tamén algunhas especies de peixes raia que viven e habitan especialmente en ríos ou diferentes estuarios de auga doce. Para capturalas a frota artesanal emprega artes como o enmalle aínda que tamén pode ser capturada con redes de arrastre.
Nas pescaderías e lonxas da Ría de Pontevedra podemos atopar dúas especies de raia, a Raja undulata ou raia mosaico e a Raja brachyura ou raia pintada:

Raya mosaico (Raja undulata): Inconfundible grazas ás manchas e liñas brancas que presenta, formando debuxos e simetrías, rodeadas de puntos brancos.

Raya pintada (Raja brachyura): Cor canela pola cara dorsal, con numerosas manchas negras puntiformes que chegan ata o bordo do disco; ás veces presentan pequenos ocelos claros rodeados de manchitas negras; cara ventral branca.