O vindeiro venres 19 de maio, o polbo abandonará os mercados para tomarse unhas pequenas vacacións xa que estará en veda ata o próximo 3 de xullo, momento no cal volverá estar presente en lonxas e prazas de abastos. Na Ría de Pontevedra unha das lonxas nas cales máis se comercializa esta especie é a de Bueu, que ata conta cunha marca local propia «PolbodasRías». Aproveitando que se achega o seu descanso, descubramos máis sobre el e por que descansa nesta época.

A especie de polbo que habita nas nosas costas é o polbo común , Octopus vulgaris, molusco cefalópodo que pertence á familia Octopodidae. Trátase dunha especie que pode chegar a medir, aproximadamente, 1 metro de longo cuxo manto pode crecer ata 25 centímetros e que necesita alcanzar o quilo de peso para poder ser comercializado.

En canto á súa aparencia, o polbo conta cunha cabeza ben desenvolvida na cal se aloxan grandes ollos desenvolvidos (é o invertebrado mariño con mellor vista) tres corazóns (dous bombean sangue ás branquias e o terceiro ao resto do corpo) e unha boca complexa que conta cunha mandíbula en forma de pico chamada «pico de loro» e, tal e como nos indica o seu nome científico, posúe 8 tentáculos con dúas fileiras de ventosas cada un. O sangue dos polbos é de cor azul, debido a que no canto de hemoglobina posúen hemocianina cuxa molécula transportadora de osíxeno é o cobre, en lugar do ferro.

A gran capacidade de camuflaxe do polbo, outorgada por unhas células *epidérmicas chamadas cromatóforos, unida á gran capacidade de natación, grazas á propulsión a barullo que realiza co sifón, fai que este sexa un bo depredador, podendo cazar moluscos, crustáceos e peixes pequenos.

O polbo común ten unha esperanza de vida dun a dous anos e, do mesmo xeito que outras especies de polbo, morre tras o apareamiento. Isto sucede nos meses de primavera, nos cales a femia pode chegar a poñer ata 200.000 ovos dous meses despois do apareamiento polo que é nos meses de maio a xullo cando entra en veda. Mentres espera a que os ovos eclosionen, ela fará todo o posible para asegurarse de que non sexan comidos polos depredadores, pero a pesar do seu esforzo, menos do 1% dos ovos postos converteranse en polbos que chegan á madurez.

A principal arte coa que se captura o polbo é a nasa, unha trampa da cal, a pesar da gran intelixencia do polbo (poden atopar a maneira de tomar a tapa dun frasco para entrar a ese frasco), moi poucos logran escapar.

https://youtu.be/WTrr2f-S-pU