Dende o pasado sábado 17 de xuño a centolla estará en veda na Ría de Pontevedra polo que non volveremos vela nos nosos mercados ata o 12 de novembro. Aproveitando a noticia sobre a veda deste crustáceo imos aprender máis sobre a súa bioloxía, ciclo de vida e captura.

A especie de centolla que habita en augas galegas é  Maja squinado. Este crustáceo decápodo posúe un caparazón de gran tamaño en forma de «pinga» sendo máis triangular pola parte dianteira e case redonda pola parte traseira, con numerosas espiñas e protuberancias. O caparazón, cuberto con pequenas algas e aneiróns, posúe dous fortes petiscos no bordo dianteiro.

A centolla, que habita en fondos rochosos ou arenosos, conta con 5 pares (4 para locomoción e 1 para alimentación e defensa) de patas duras e longas acabadas nunha uña afiada coas que se move polo fondo e aliméntase dunha gran variedade de organismos, dominando as algas e moluscos no inverno, e equinodermos, como os ourizos e cogombros de mar no verán.

Como o resto de crustáceos, a centolla realiza a muda da súa caparazón volvéndose moi vulnerable durante o cambio polo que para evitar ser atacado por depredadores, escóndese afundíndose no lodo ou escondéndose entre as algas e deixa de alimentars ata que o novo caparazón endureceuse.

Durante o outono realizan grandes migracións podendo chegar a percorrer ata 160 km en 8 meses e durante o verán, tras a muda das femias, se reunen en grandes grupos para reproducirse. Durante todo este período os machos forman un gran círculo ao redor das femias para protexelas ata que teñan duro o seu caparazón. Tras o apareamiento, o esperma dos machos queda almacenado nun pozo seminal que posúen as femias  e alí espera ao redor de seis meses ata que se realiza a posta. Ao realizarse a posta os ovos son fecundados e pegados aos apéndices abdominais das femias, onde permanecen ata que transcorren 7 ou 8 meses, tempo que dura a incubación. Cando os ovos fan eclosión, liberan unhas larvas chamadas larva zoea que vive na columna de auga durante un mes e medio ou dous meses.

En canto á súa captura, as embarcacións tradicionais pescan a centolla utilizando artes artesanais como nasas, trasmallo e miños:

Tras o período de veda, desde novembro ata xuño, podemos atopar centolla en prazas de abastos, supermercados, e mesmo a través de internet pero, como saber se se trata de centolla galega ou foránea? Aquí deixámosvos 3 trucos que vos poden axudar á hora de comprar centolla galega:

1.    O caparazón da centolla galega é máis escuro, ten as puntas máis afiadas e posúe unha gran cantidade de algas e mesmo algún resto de rede.
2.    A lonxitude das patas é maior na galega e posúe uñas afiadas.
3.    O prezo é un claro indicador da procedencia da centolla, xa que a galega ten un valor superior ademais de que non pode ser atopada nos mercados desde finais de primareva principios de verán ata novembro (debido ao seu período de veda).