Pescadoartesanal.com é un proxecto de comercialización on-line das lonxas da Ría de Pontevedra, entre as que se atopa a lonxa de Campelo. Situada no concello de Poio, a lonxa de Campelo poxa diariamente o produto marisqueiro extraido polos/as mariscadores/as das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra con axuda dos rastros, raños e ganchas.
O produto marisqueiro capturado (xa sexa mediante o marisqueo a pé ou á flote) é separado por tamaños con axuda dunha peneira, devolvendo ao mar aquelas ameixas que non alcanzan a talla mínima. Entre as especies capturadas por vos/as mariscadores/as das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra atópanse a ameixa fina, babosa, xapónica, berberecho, carneiro e ostra as cales se preparan en lotes para a súa poxa na lonxa. Cada un dos lotes é pesado e etiquetaxe proporcionando toda a información necesaria para a súa venda (especie, data de extracción, método de captura, peso, lugar de primeira venda, ect).

Durante o ano 2016, a lonxa de Campelo foi a segunda rula da Ría de Pontevedra en facturación, tan só superada por Bueu, alcanzando unha facturación de 3.803.821,49 euros.



