Pescadoartesanal.com é un proxecto de comercialización on-line das lonxas da Ría de Pontevedra, entre as que se atopa a lonxa de Bueu. A Confraría de pescadores «San Martiño» de Bueu é a encargada da xestión da lonxa contando con 136 embarcacións asociadas, que proceden dos sectores do polbo, pescados de roca (robaliza, rodaballo, salmonete, maragota, etc.), percebes, ameixas, ourizo, nécora, algas, centola, peixes azuis (sardiña, caballa, xurelo, etc.). Diariamente na lonxa de Bueu póxanse unha gran cantidade de produtos pesqueiros procedentes da pesca costeira artesanal da Ría, entre o que destaca o polbo. A lonxa de Bueu é moi coñecida pola venda deste cefalópofo, en veda desde maio a xullo, contando mesmo cunha marca propia da confraría «Polbo dás Rías» (primeira marca colectiva de polbo procedente da pesca artesanal que garante a súa orixe desde a súa pesca).

Dada a gran variedade de produtos que se poxan, a frota artesanal de Bueu utilizan distintas artes de pesca selectivas non invasivas co medio ambiente e sustentables como o cerco, as artes de enmalle (trasmallo, miño, vetas, nasas, palangrillo, etc.) e o marisqueo á boia, grazas aos cales fornecen de peixe fresco aos compradores que asisten, tanto presencialmente como a través da plataforma web pescadoartesanal.com á poxa. A poxa presencial realízase mediante a utilización do panel de poxa, no cal se vai mostrando a información sobre o produto para poxar así como o pecio (poxa á baixa) de maneira que os comercializadores tan só teñen que parar a poxa a través do mando que cada un posúe ou ben o panel parará automaticamente cando o prezo chegue ao marcado por unha solicitude de compra que se realizou a través de pescadoartesanal.com. Recentemente, a confraría puxo en marcha un sistema de poxa a través de cinta para a poxa do peixe (das 17:30 h) grazas ao cal se reduce ao mínimo a manipulación do peixe.

Os horarios de poxa en función do produto para vender son os seguintes:

Previamente ás poxas da tarde (antes das 15:30) na lonxa pódese observar a selección manual do percebe por parte dos percebeiros locais e a selección automática do polbo grazas a unha clasificadora que separa o polbo por tamaños refugando os que non alcanzan o peso mínimo comercial (1Kg).

O concello de Bueu conta cunha praza de abastos, de gran actividade, localizada a escasos metros da lonxa e cuxo horario de apertura coincide tras o horario de poxa permitindo aos comerciantes polo miúdo contar con produto de alta calidade recentemente desembarcado, coa máxima frescura como é o caso das nécoras deste vídeo:

Finalizamos o noso post cun vídeo sobrela Ría de Pontevedra e en especial de Bueu e a súa lonxa no cal se pode ver como é o proceso de poxa.