Pescadoartesanal.com é un proxecto de comercialización on-line das lonxas da Ría de Pontevedra, entre as que se atopa a lonxa de Portonovo. A Confraría de pescadores «San Roque» de Portonovo é a encargada da xestión da lonxa que máis comercializa peixe azul da Ría de Pontevedra.
Dada a gran importancia da lonxa de Portonovo en venda de peixe azul fresco, a arte de pesca máis utilizado polas embarcacións de Portonovo é a arte do cerco, co cal capturan as principais especies de peixe azul como o xurelo, a caballa ou a sardiña. Esta arte consiste en cercar o cardumen, cunha gran rede (as redes de cerco ten unha lonxitude de 250 a 1000 metros e uns 50 metros de ancho) para posteriormente pechar o fondo da mesma capturando así o peixe. O peixe azul (xurelo, caballa, estorniño, sardiña, etc) capturado grazas a esta arte artesanal é posta á venda na poxa do cerco que se realiza na lonxa ás 7 ou 8 da mañá segundo sexa inverno ou verán.
A pesar da importancia do cerco para a lonxa de Portonovo, este non é a única arte que empregan as embarcacións, senón que tamén utilizan artes de enmalle como o miño, trasmallo, vetas ou outras como o palangrillo ou as nasas. Entre as especies capturadas con estes tipos de artes, que do mesmo xeito que o cerco trátase de artes artesanais non invasibas co medio ambiente, podemos atopar polbo, escacho, linguado, pescada, maragota, raia, centolla, rodaballo… que son poxadas en horario de tarde, ás 19:30 h utilizando o novos sistema da cinta.
A pesar de que a lonxa de Portonovo foi a primeira en instalar o sistema de poxa con cinta, séguese utilizando o sistema tradicional (poxa a voz) na poxa de peixe azul convivindo o método máis antigo, como é a poxa a voz, con métodos máis tecnolóxicos como a cinta ou a plataforma web pescadoartesanal.com.