«pescadoartesanal.com» é unha plataforma web para a comercialización conxunta das capturas provenientes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra, permitindo o aumento de oportunidades de comercialización de peixe e marisco «do día» (denominado «produto local»).

O sistema apóiase nas notificacións de capturas de produto que pescadores e lonjeros realizan  a través do teléfono móbil utilizando a aplicación Android ou ben entrando na plataforma web a través dun navegador. Desta forma os comercializadores coñecen, en tempo real, toda a información das descargas de produto que se van a poxar nas lonxas de baixura da Ría de Pontevedra.

Para poder participar na poxa a través de pescadoartesanal.com, é necesario estar dado de alta como comercializador nalgunha das lonxas da Ría de Pontevedra (na pestana «plataforma profesionais» atópanse os datos de contacto das lonxas participantes) Isto permite asegurar que non rompe a cadea de comercialización, permitindo participar tan só a profesionais.

Dentro da pestana «Documentación» atópanse os manuais de uso nos cales se detallan as funcionalidades da plataforma (para a súa versión web e aplicación Android) tanto para embarcacións como comercializadores así como a forma de uso.