O GALP Ría de Pontevedra xunto coas confrarías da Ría de Pontevedra ten en marcha o proxecto de comercialización conxunta “pescadoartesanal.com” co cal se quere impulsar a comercialización das lonxas da Ría, así como a posta en valor da pesca costeira artesanal e o produto Km 0.
“Pescadoartesanal.com” é unha plataforma web mediante a cal ábrese un novo canal de comercialización grazas ao uso das novas tecnoloxías, permitindo aos comercializadores informarse sobre os produtos dispoñibles para a subasta e realizar as súas poxas a través da plataforma de forma previa á celebración da subasta presencial.
A posta en valor do produto costeiro artesanal capturado mediante artes sostibles é, xunto coa mellora da comercialización, un dos principais obxectivos deste proxecto. Por esta razón, se lles otorga aos restaurantes que conten con produto procedente das lonxas da Ría de Pontevedra o selo “pescadoartesanal.com”, unha placa distintiva que acredita seu apoio á pesca costeira artesanal e aos produtos Km0.
No marco deste proxecto, o vindeiro luns 25 de septembro, ás 18:30h na sede de AMECOMRA, se celebrará o acto de entrega dos distintivos aos restaurantes adheridos ao proxecto. O acto, presidido polo Presidente del GALP Ría de Pontevedra, contará coa presenza da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha xornada de posta en valor da pesca artesanal, a identificación do produto local mediante as marcas de calidade, así como a promoción de aqueles establecementos que a apoian.