O pasado 13 de novembro empezou a tempada de centolla na Ría de Pontevedra, polo que xa podemos visitar a praza de abastos e facernos con este crustáceo decápodo que é sen dúbida a estrela do nadal.

O luns, tras a chegada da frota artesanal da Ría de Pontevedra, vendéronse  1.263,82 Kg de centolla nas nosas lonxas:

  • 939 Kg na lonxa de Bue, onde alcanzaron un prezo máximo de 25 euros/Kg.
  • 324,82Kg na lonxa de Campelo, onde alcanzaron un prezo máximo de 12,80 euros/Kg.

Con todo, o sector noto que a maioría da centolla que quedaba atrapada no aparello non estaba aínda no seu punto óptimo polo que, tras o primeiro día de poxa, tanto a cantidade como os prezos descenderon alcanzando onte os 12 euros tanto na lonxa de Bueu como na de Campelo para un total de 442,70 Kg, cantidade que dista moito da poxada durante a xornada do luns.

A pesar disto, durante a nosa visita de onte á lonxa e praza de abastos de Bueu puidemos observar os excelentes exemplares de centolla e nécora que se poxaron na lonxa e atópanse dispoñibles na praza para todo aquel que queira comezar xa as súas compras do Nadal.