De entre todas as especies de bivalvos que podemos atopar nas lonxas da Ría de Pontevedra o Carneiro, Venus verrucosa, é sen dúbida o máis descoñecido a pesar de estar presente en lonxas como a de Campelo, prodecentes do marisqueo á flote.
O carneiro ( Venus verrucosa) tamén coñecido como moelo ou escupiña, é un bivalvo similar ao berberecho pero de maior tamaño, cunha cuncha de cor pardo, moi robusta e grosa e coas estrías concéntricas, que simulan unha especie de verrugas. Para que vos deades unha idea do seu gran tamaño, nun quilo de carneiro podemos econtrar entre 15 e 20 exemplares.
En canto á súa morfoloxía, o carneiro posúe un corpo con dous longos sifones cos que pode atrapar as partículas nutritivas que arrastra a auga do mar, polo que a súa alimentación é practicamente idéntica á doutras ameixas.
Habita en fondos lodosos e arenosos (area arcillosa) ata 100 m de profundidade, habitualmente enterradas, pero cos seus longos sifones ao descuberto para poder respirar e alimentarse. Os seus costumes e reprodución son similares ás das outras especies da súa familia, presenta sexos separados reproduciendose nos meses de primavera e verán.
A súa captura realízase co rastro ou gancha a flote, sendo o tamaño mínimo para a súa comercialización de 5 – 7 cm. Dado a súa escasa popularidade o carneiro adoita estar destinado á industria conserveira, o certo é que se pode gozar da súa carne saborosa tanto en cru como ao vapor, pero non recomendable para outro tipo de cociñado xa que a súa cuncha deteriórase con facilidade.