O proxecto “ pescadoartesanal. com” non só comprende a apertura dunha nova canle de venda dos produtos das lonxas da Ría de Pontevedra a través de internet co uso da plataforma, senón que tamén quere poñer en valor e promocionar o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra. Neste contexto, creáronse os distintivos “ pescadoartesanal. com” para peixarías e hostalería cos que se quere sinalar aqueles establecementos que apoian a pesca artesanal da ría.
O distintivo “ pescadoartesanal. com” para peixarías consiste nuns porta prezos cos cales as pescantinas poden marcar aqueles produtos que proceden das lonxas da Ría de Pontevedra e por tanto da pesca artesanal. O distintivo é unha forma moi visual e rápida de distinguir os produtos xa que, a pesar de que toda a información sobre a procedencia do peixe (zona de captura, lonxa de venda, especie, peso, data, embarcación que realizou a captura…) está a disposición do cliente nas etiquetas do peixe e marisco, non todos saben interpretar os datos que brinda.
Dende pescadoartesanal. com entregamos a todas aquelas peixarías comprometidas co apoio á pesca artesanal local que poñen á venda o produto pesqueiro das lonxas da Ría de Pontevedra, pórtaos prezos “ pescadoartesanal. com”. Para localizar as peixarías co distintivo tan só hai que entrar na sección “Onde compralo” onde se facilita a información de contacto.
No caso da hostalería, o distintivo que se outorga a este sector consiste nunha placa identificativa que sinaliza que o establecemento serve produtos procedentes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra, xa sexa comprado directamente nas lonxas ou a través de peixarías que contan co distintivo. Desta maneira todo aquel que vaia aos restaurantes co distintivo, saberá que poderá gozar dun bo prato e que co apoia a tradición da pesca artesanal da Ría de Pontevedra.
Para poder localizar os restaurantes co distintivo “ pescadoartesanal. com” tan só hai que entrar na sección “Onde comelo” na cal se facilita toda a información de contacto.