Seguimos coa nosa serie “Especies da Ría de Pontevedra” na que, nesta ocasión, imos falar da Choupa ou Peta (Spondyliosoma cantharus) un peixe pouco coñecido e apreciado que podemos atopar en lonxas como a de Bueu ou Portonovo e nas distintas prazas de abastos da Ría de Pontevedra.
A choupa ou peta, tamén coñecido como pancha, chepa ou chopa é un é un peixe da familia dos espáridos, común na costa este de o océano Atlántico moi parecido ao sargo ou a dourada, cun corpo ovalado, alto e comprimido lateralmente que pode chegar aos 50 cm de lonxitude e 2 Kg de peso. Posúe unha coloración gris azulada no lombo e gris pardo no lateral, cunha ducia de liñas lonxitudinais, amareladas nos mozos e de cor pardo nos adultos grandes, pero que se volven de cor pardo escuro ao morrer. En canto ás aletas, a caudal presenta unha orla negra mentres que a dorsal conta con 11 espiñas duras.
Trátase dunha especie hermafrodita protogónica, polo cal os primeiros son femias pero posteriormente convértense en machos. Os machos posúen un corpo mais alto que as femias, presentando por tanto dimorfismo sexual. Durante a época de reprodución o macho escava na area coa cola para facer un niño redondeado duns 30 a 100 cm de ancho no cal fecunda os ovos que pon a femia. Tras a fecundación é o macho o que vixía a posta ata a súa eclosión.
A próxima vez que vexas choupa na túa praza de bastos e/ou peixaría habitual, anímache a probala. Deixámosvos un par de receitas coa choupa como protagonista: