Hoxe será o último día que vexamos polbo nas lonxas de Galicia, e é que esta especie ( Octopus vulgaris) entra en veda ata o 2 de xullo (45 días). Como xa comentamos nunha entrada anterior sobre o polbo, a veda axústase ao ciclo de vida da especie consiguiento unha mellor xestión do recurso, asegurando a súa continuidade e explotación máis sotenible.
Durante esta última campaña do polbo, as lonxas da Ría de Pontevedra venderon un total de 42.770,80 Kg de polbo recadando 506.757,88 euros grazas ao prezo alcanzado en lonxa. O prezo medio alcanzado situouse en 16 euros, para o caso dos exemplares de máis de 2 Kg, e en 10’50, para os exemplares de 1 a 2 Kg.
Despedímonos do polbo ata o próximo 2 de xullo co comezo da nova campaña, pero durante os 45 días que dura a veda poderemos atopar polbo galego conxelado no mercado.