Sabiades que estamos na mellor época para o consumo do  rodaballo? Este peixe plano e sen  escamas, tan apreciado polo seu sabor, adóitase deixar ver polas lonxas da Ría de Pontevedra abrigo nas de  Portonovo e Bueu.

O  rodaballo ( Scophthalmus  maximus) posúe un corpo plano,  asimétrico e case redondo cuberto de pequenas  protuberanceas óseas repartidas irregularmente. Xeralmente é de cor  grisáceo, con numerosas manchas escuras e a parte cega esbrancuxada, aínda que pode cambiar de cor para  mimetizarse coa contorna.

Scophthalmus  maximus é unha especie mariña  bentónica, que vive sobre fondos  arenosos e  fangosos, desde augas  someras ata 100  m, aínda que os individuos máis novos tenden a vivir en áreas menos profundas. Reprodúcese durante os meses de abril e agosto. As larvas inicialmente son simétricas pero cara ao final do seu crecemento, o ollo dereito móvese cara ao lado esquerdo, dando lugar ao seu aspecto  asimétrico.

En canto á súa alimentación son  carnívoros, os xuvenís aliméntanse de moluscos e crustáceos e os adultos principalmente de peces e cefalópodos.

Esta especie é moi demandada en Galicia e dado que a maior parte provén da acuicultura, o  rodaballo salvaxe alcanza un alto prezo no mercado. As embarcacións artesanais utilizan o  trasmallo ou palangre de fondo para a súa captura.

 

IMG-20161221-WA0000