Os meses de verán é a mellor época para consumir xurelo, sardiña, xarda… en definitiva, é o momento do peixe azul pero, que diferenza hai entre peixe azul e peixe branco?por que se consome peixe azul no verán?

A principal diferenza entre peixe branco e azul é o seu contido en graxa. O peixe azul posúe entre un 8 e un 15% de materia graxa  poliinsaturada, o Omega 3, que posúe numerosos beneficios para o organismo. O Omega 3 é moi bo para previr riscos cardiovasculares e problemas circulatorios. Ademais disto, o peixe azul achéganos proteína de calidade, ferro, iodo, fósforo,  magnesio e calcio.

Resultado de imaxes para pescado blanco y azul

En canto ao peixe branco, este tan só posúe entre un 1 e un 3% de graxa e é moi rico en sales minerais, iodo, fósforo,  B12 e outras vitaminas do grupo  B. Entre o peixe branco máis popular atopámonos a pescada, o linguado, o  rodaballo ou o  coruxo.

Unha sinxela forma de distinguilos a primeira ollada  é pola forma da cola, se esta ten forma de “>” trátase de peixe azul, mentres que se a súa forma é recta trátase dun peixe branco. Pero non todo é branco ou azul, existen peixes  semigrasos, como é o caso da robaliza ou a dourada, que dependendo da época do ano varían a súa porcentaxe en graxa.
Resultado de imaxes para pescado blanco y azul
Xa sabemos a diferenza entre un e outro pero, por que consumimos máis pescado azul no verán? No verán prodúcese unha maior cantidade de nutrientes (debido aos fenómenos de  afloramiento) que poñen a disposición do peixe azul unha gran cantidade de plancto polo que ao alimentarse máis acumulan máis graxa e por tanto o seu sabor é mellor durante os meses de xuño a agosto.

En definitiva, o ideal para o noso organismo é que combinemos entre peixe azul e branco para poder aproveitar todos os beneficios que nos ofrecen.