O pasado mércores 11 de xullo, a ecotiequeta » Pescaenverde», desenvolvida polo equipo de investigación Biogrup da Universidade de Santiago de Compostela, foi presentada na lonxa de Portonovo.
Durante anos de investigación, o Biogrup estivo a traballar no cálculo das emisións de dióxido de carbono da pesca artesanal. Froito da devandita investigación creouse » Pescaenverde», unha ecoetiqueta que achega información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medio ambiente, a través de dous indicadores: a pegada de carbono (a totalidade de gases de efecto invernadoiro ( GEI) emitidos por efecto directo ou indirecto dun individuo, organización, evento ou produto) e a taxa de retorno enerxética- TRE ( cociente da cantidade de enerxía total que é capaz de producir unha fonte de enerxía e a cantidade de enerxía que é necesario empregar ou achegar para explotar ese recurso enerxético). Ademais, esta iniciativa incorpora un software que pode calcular a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética do sector pesqueiro.
Dicha ecoetiqueta incorpórase aos produtos certificados polo selo de calidade Peixarías, creado pola Xunta. No acto de presentación, que contou coa presenza da conselleira do mar Rosa Quintana, púidose presenciar a primeira expedición dunha etiqueta de lonxa co logo de Pescaenverde xunto co de Peixarías.
Para poder obter a ecoetiqueta o armador ou a empresa de distribución na lonxa que estean interesados deberán solicitalo á USC e indicar para que especie quérese obter a ecoetiqueta. Ademais, deberán presentar un informe onde se faga o cálculo da emisión de carbono e o retorno enerxético das súas actividades. Este informe será revisado por un consultor rexistrado que verificará os datos. Logo será enviado á USC para que analice e verifique o cumprimento dos requisitos ecolóxicos e emita así dita etiqueta por un prazo de 3 anos.