Hoxe dá comezo a XIX Festa do polbo de Bueu organizada, como en anteriores edicións, polo Concello de Bueu e a Confraría de Pescadores “San Martiño” de Bueu e que se celebra no campo da Estacada. Durante este fin de semana poderanse degustar unha vintena de especialidades preparadas a base do apreciado cefalópodo.
Como noutras edicións, a festa gastronómica complétase con outras actividades como os cantos de taberna, showcookings, pasarrúas e monologos ofrecendo a todos os asistentes non só degustar as excelentes especialidades a base de polbo senón también a posibilidade de gozar das distintas actividades organizadas.
Aínda que os postos estarán abertos desde hoxe de 19:30 a 00:00 h, a inaguración oficial será mañá ás 12:00 h co showcooking de Bea Sotelo, cociñeira que participa no programa gastronómico da TVG “ Gastrópodos” e que contaba cunha estrela Michelín mentres rexentaba o restaurante “A Estación”, na que a cociñeira realizará unha proposta de pratos divertidos ao alcande de todos sen esquecer a tradición.
Respecto das distintas especialidades, estas estarán ofrecidas por “Rosa dos Ventos” e “Ou Recuncho de Cela” entre as cales non falta o tradicional polbo á feira.
A pesar dun inicio de campaña frouxo, este ano seguiremos podendo gozar desta festa do polbo de Bueu e o excelente produto pesqueiro da confraría de pescadores “San Martiño” de Bueu polo que esperamos vervos este fin de semana.