A confraría de Portonovo presentou, no mes de marzo, o seu proxecto “EnLonxa” ao abeiro da ORDE do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
O proxecto, centrado na mellora da comercialización e o uso turístico da lonxa, foi aprobado pola Consellería do Mar polo que a confraría xa está poñendo en marcha esta iniciativa que terá unha duración de tres. Dentro do proxecto, un pilar fundamental e a contratación de persoal que realice actividades de mellora da comercialización, como o emprego da plataforma de comercialización conxunta “pescadoartesanal.com” ou a mellora da trazabilidade do produto, e a coordinación e organización das visitas turísticas que se realizan á lonxa.
Polo tanto, a confraría de Portonovo publicou as bases para a contratación de persoal para este proxecto financiado co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP – RP) . Ditas bases atópanse expostas no taboleiro da confraría, e as persoas interesadas deberán presentar, antes do 1 de setembro, o seu currículo acreditando a experiencia laboral e formación mediante documentos orixinais, acreditando aqueles coñecementos que lles fan idóneos para o posto de traballo.
O desenvolvemento do proxecto e os seus resultados permitirán o aumento da mellora da comercialización, e a introdución da confraría no turismo mariñeiro coa realización de visitas guiadas.