O vindeiro luns día 12 acaba a  veda da centola (Maja squinado) polo que tras esta fin de semana volveremos ver ao rei do marisco en lonxas e prazas de abastos.

Resultado de imaxes para centolla 2018

Tal e como está recollido na Resolución do 19 de xuño de 2018 pola que se aproba o Plan de Xestión da Centola e o Boi de Mar 2018-2019, ambos os crustáceos poderán comezar a ser extraídos a partir do próximo 12 de novembro entre a desembocadura do Miño e o Cabo de Estaca de Bares.

O comendo da veda en 2019 realizarase previsiblemente a principios de verán, cando así o estableza o novo Plan de Xestión 2019-2020.