O pasado mes de novembro, en Facebook lanzamos un sorteo para celebrar o chegar aos 1.450 fans na páxina do proxecto. O premio do sorteo consistía nun “kit pescadoartesanal” (composto por bolsa, receitario, mandil e pen drive) e un vale de 30 euros en produto pesqueiro para gastar nunha das peixarías adheridas ao proxecto.
Para participar tan só había que comentar “Eu apoio a pesca artesanal”, darlle a “gústame” e compartir a publicación sobre o sorteo. Tras unha semana en activo, participaron un total de 50 persoas de entre as cales Ángela Estévez resultou a premiada.
Tras anunciar o gañador, o pasado 28 de novembro, Ángela contactou connosco e elixiu a “Peixaría Manolo” (situada nas Galerías Azul, Pontevedra) para recoller o seu premio en produto pesqueiro artesanal.
Debido a problemas de horario, Ángela enviou ao seu marido para recoller o premio, quen decidiu levar a casa unhas robalizas.
Desde pescadoartesanal. com agradecemos a todos os participantes o seu apoio e desexámoslles moita sorte en próximos sorteos.