A xarda (Scomber scombrus) é un peixe de cabeza afiada cun corpo alongado de cor verdoso azulado, percorrido por liñas verticais negras e cun ventre prateado con tonalidades brancas. Presenta unhas estruturas parecidas a aletas, chamadas pínnulas nas proximidades da cola, tanto no dorso como no ventre.
O seu tamaño mínimo comercial é de 20 centímetros, aínda que a cabala pode chegar a medir ata 50 centímetros.
A xarda é un peixe gregario que emprende longas migracións, polo que a finais da primavera achégase á costa en grandes bancos entrando nas rías, nadando a medias augas e no inverno regresa a augas máis profundas duns 170 m de profundidade.
De mozos son omnívoras e aliméntase de detritos orgánicos e de refugallos que atopan nas costas habitadas polos humanos. De adultas vólvense depredadoras e aliméntanse de crustáceos, moluscos, sardiñas, e arenques.

É uns dos peixes máis populares da rexión atlántica e foi un peixe desde a antiguedad. A súa carne é francamente boa, e ao forno ou á grella aínda que tamén é moi común atopala en conserva.
Para capturala, os pescadores artesanais utilizan o cerco, a liña e o enmalle.


