Desde pescadoartesanal. com estamos a levar a cabo actividades de divulgación sobre o sector pesqueiro artesanal da Ría de Pontevedra dirixidas a concellos e socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP Ría de Pontevedra).
Ditas actividades consisten nunha presentación sobre o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra, na cal se tratan temas como a distinción de especies, tallas mínimas, trazabilidade, índices de frescura, etc e nunha visita guiada a unha praza de abastos situada dentro do territorio do GALP Ría de Pontevedra.
Esta semana foi a quenda da Asociación de veciños Francisco Pérez de Mogor os cales, o pasado martes 12 de xuño, gozaron dunha chara sobre o produto pesqueiro artesanal que chega diariamente ás lonxas da Ría de Pontevedra grazas á cal os asistentes puideron aprender a distinguir varias especies (ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa, pargo, choupa, etc) e a sobre a información que ofrece a etiquetaxe e a súa importancia. Ademais esta actividade serviu para dar a coñecer entre os consumidores os distintivos » pescadoartesanal. com» e a información que puden atopar a través da páxina web.
A próxima semana, o venres 21 de xuño, levará a cabo a actividade no Ateneo Santa Cecilia (destinada aos seus asociados) e na praza de abastos de Pontevedra, a cal está aberta a todo o público.