En peixe artesanal queremos informar o consumidor sobre o produto artesanal das nosas rías, especialmente da Ría de Pontevedra, polo que estamos a levar a cabo unha iniciativa que consiste na realización de charlas e visitas guiadas a prazas de abastos e lonxas. A través destas actividades queremos poñer en valor o produto pesqueiro artesanal, e darlle as ferramentas necesarias aos consumidores para que coas súas compras fomenten o consumo de peixe fresco das nosas augas.

Durante o mes de xuño estivemos a informar á Asociación de Veciños Francisco Pérez de Mogor, e ao Ateneo Santa Cecilia, ademais de realizar a actividade en colaboración co  concello de Pontevedra que nos deixou grandes imaxes como estas:

A seguinte quenda tócalle á Asociación Galega de Profesionais da  Tradución e da Interpretación, á que, o vindeiro xoves 18 de xullo, imos a  enserñar como é a pesca artesanal visitando o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu, que non só serviralles para fomentar a pesca artesanal da Ría de Pontevedra coas súas compras senón que tamén será un gran apoio para o seu traballo, xa que realizan numerosas traducións vinculadas á pesca artesanal.

Así que se formas parte dunha asociación de veciños, consumidores, etc. e queres aprender máis sobre o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra visitando lonxas e prazas de abastos, tan só tes que poñerche en contacto connosco no 604 022 612 ou a través do noso correo electrónico elpescadoartesanal@gmail.com