O pasado mes de xullo, a Consellería do Mar puxo en marcha a súa campaña “non sexas pirata! Á praia vense a gozar, non saquear” para loitar contra o furtivismo de bañador que cada verán retira ao redor dunha tonelada de marisco das praias.
Desde o seu inicio, a campaña comezou a percorrer os distintos areais (os de maior presencia de turistas e actividade marisqueira) para lembrar á cidadanía que a extracción de marisco sen contar con permiso é unha actividade ilegar que non só conleva unha perda económica para o sector senón que que tamén causa un dano ambiental. Este tipo de prácticas causan un importante dano á poboación de bivalvos xa que non se respectan as tallas mínimas ademais de poder causar problemas de saúde ao consumilos sen ningún tipo de control sanitario.
Por esta motivos a Xunta de Galicia quere percorre con esta campaña 31 praias durante o mes de agosto desde a Illa de Arousa a Poio, pasando por Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.