O proxecto “ pescadoartesanal.com” ademais de proporcionar aos profesionais do sector dunha nova canle de venda e compra dos produtos das lonxas da Ría de Pontevedra, tamén promociona e pon en valor o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra a través dos seus distintivos “ pescadoartesanal. com” cos que se sinalan aqueles establecementos que apoian a pesca artesanal.
No caso da hostalería, o distintivo que se outorga a este sector consiste nunha placa identificativa que sinaliza que o establecemento serve produtos procedentes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra, xa sexa comprado directamente nas lonxas ou a través de peixarías que contan co distintivo. Desta maneira todo aquel que vaia aos restaurantes co distintivo, saberá que poderá gozar dun bo prato e que con el apoia a tradición da pesca artesanal da Ría de Pontevedra.
Durante este verán outorgouse o distintivo a cinco novos restaurantes restaurantes que contan con produto procedente das lonxas da Ría de Pontevedra.
Desde hoxe peixe artesanal conta con cinco restaurante máis e é que os restaurantes “Casa Ces” (situado en Poio), “Casa Acuña” (situado en Ons), “O Pescador” (situado en Bueu), “Restaurante Ramón” (situado en Bueu) e “Restaurante O Bruno” (situado en Cangas) recibiron o distintivo que pon de manifesto o seu apoio á pesca artesanal e ao comercio local. Estes restaurantes están especializados na cociña local, utilizando produtos da zona e fomentando o comercio de proximidade e Km 0.
- Casa Ces
Con estas novas incorporacións xa son 27 os restaurantes que contan con o distintivo (Listado e información de contacto aquí)