Nasas

O proxecto ‘pescadoartesanal. com‘ consiste en plataforma web para a mellora da comercialización das capturas provenientes da pesca artesanal da ‘Ría de Pontevedra’, permitindo que os comercializadores se informen do produto dispoñible para poxa, as cotizacións actualizadas e poder poxar de maneira remota nas lonxas da Ría de Pontevedra o que permite o aumento de oportunidades de comercialización de peixe e marisco ‘do día‘ (denominado ‘produto local‘).

O sistema apóiase nas notificacións de capturas de produto que pescadores e lonxeiros realizan a través do teléfono móbil utilizando a aplicación Android ou ben entrando na plataforma web a través dun navegador. Desta forma os comercializadores coñecen, en tempo real, toda a información das descargas de produto que se van a poxar nas lonxas de baixura da Ría de Pontevedra.

Para poder participar na poxa a través de pescadoartesanal. com, é necesario estar dado de alta como comercializador nalgunha das lonxas da Ría de Pontevedra (na pestana “plataforma profesionais” atópanse os datos de contacto das lonxas participantes), o que permite asegurar que non rompe a cadea de comercialización, permitindo participar tan só a profesionais. Unha vez se este dado de alta como comercializador autorizado nalgunha das lonxas da Ría de Pontevedra (Bueu, Portonovo ou Campelo) entrando na pestana “plataforma profesionais” e iniciando sesión poderase obter información sobre o produto dispoñible en lonxa para poxa así como a opción de poxar de maneira remota.

Dentro da pestana “Documentación”  atópanse os manuais de uso nos cales se detallan as funcionalidades da plataforma (para a súa versión web e aplicación Android) así como a forma de uso.