O venres pasado 30 de outubro tivemos a oportunidade de realizar unha visita guiada pola Praza de Abastos do Mercado Municipal de Pontevedra por cortesía do restaurante O’Bioco, quen leva facendo este tipo de visitas xa case unha década baixo a denominación do “BIOQUING”. Este establecemento, adherido a nosa marca Pescado Artesanal, está especializado ademais de nos produtos do mar tamén na micoloxía dos montes galegas (o campo das setas e fungos).

Saíndo dende a Rúa Manuel Quiroga, 18, a sede do restaurante, percorremos as rúas e prazas da Vila de Pontevedra escoitando unha primeira aproximación á riqueza das nosas rías, á orixe da nosa tradición mariñeira e o porqué do noso propio orixe como pobo mariñeiro e calidade dos nosos produtos pesqueiros locais.

Chegamos ao Mercado de Abastos de Pontevedra; un edificio cun ambiente especial, que foi inaugurado a principios do ano 1948, en substitución e modernización do antigo mercado situado xunto ao ponte de O Burgo. O edificio destaca, ademais de polo seu valor histórico, pola grande oferta de produtos de alimentación de altísima calidade. No piso de abaixo -situado ao nivel da rúa- sitúanse os postos de alimentación (peixes, marisco, froitas, verduras) e de flores; mentres que o piso superior acolle un gastroespazo así como unha serie de establecementos de hostalaría mais que recomendados.

Chegamos aproximadamente ás 10h da mañá á praza; hora punta nunha véspera do día de tódolos santos no que moreas de xente ateigaban os postos de flores e ramos para acudir aos cemiterios e render homenaxe aos nosos defuntos e antepasados. A partir de aí fixemos un percorrido de aproximadamente hora e media de duración por todos os postos de venta de peixe e marisco da praza. Neste percorrido, o noso guía Juan Castiñeira –cociñeiro no restaurante O’Bioco- explicounos con especial detalle cómo diferenciar a frescura do peixe e do marisco e indicounos os produtos locais mais destacados así como darnos algunhas recomendacións culinarias para degustar os nosos produtos do mar.

Durante a visita puidemos apreciar a boa acollida dos produtos baixo a marca “Pescado Artesanal”, correctamente etiquetados e nos que se detalla tanto o prezo como a orixe da especie comercializada e outra serie de exemplares fantásticos capturados maioritariamente na nosa Ria de Pontevedra e que teñen unha gran acollida entre a nosa cidadanía:

Imagen2 Imagen3


Ao finalizar esta visita e tras escoller os pescados e mariscos mais apetecibles, rematamos cunha inmellorable comida no propio restaurante, onde Mónica e Juan –xerentes de O’Bioco- preparan as nosas eleccións do mercado -e seguindo sempre as súas fantásticas recomendacións- con sinxelas receitas empregadas polas tradicionais familias mariñeiras galegas.


Sen dúbida, se queres coñecer mais sobre como facer esta visita ponte en contacto con nós ou directamente co Restaurante O’Bioco:

– Pescado artesanal: Teléfono: 698.180.887 – Email: gacpontevedra@gmail.com
– O Bioco: Teléfono: 637 739 621 – Email: obioco@hotmail.com