Ingredientes:

  • 250 gr Merluza fresca limpa
  • 1 Mango
  • 1 Aguacate
  • Sementes de sésamo
  • Cilantro
  • Allo moído (seco ou fresco)
  • 2 Limas
  • ½ Cebola morada
  • 20 ml Zume de limón
  • 20 ml Zume de laranxa
  • 45 ml Vinagre mazá

Preparación:

  • Limpa ben o peixe, retirando escamas, aletas, tripas e pel, e córtao en dados duns 2 cm. Salpementa e déixao marinar co zume de lima durante uns 15 minutos.
  • Mentres, corta o aguacate e o mango en cubos (podes esmagar unha parte do mango e mesturalo co zume para intensificar o sabor) e reserva.
  • Corta a cebola en xuliana fina e déixaa marinar para que colla máis sabor.
  • Unha vez listo o peixe, mestúrao co aguacate, o mango, as sementes de sésamo, o cilantro picado e a pementa chili, engadindo un pouco do zume da marinada.
  • Sirve en culleriñas e coloca por enriba unhas tiras de cebola encurtida.