Ingredientes:

  • ½ kg de ameixas
  • 2 dentes de allo
  • Xenxibre
  • ½ talo de lemongrass (herba limón)
  • Pasta de curry verde
  • Coandro fresco
  • 100 ml de leite de coco
  • 3 follas de lima kaffir

Preparación:

  • Nun cazo a lume medio, cun pouco de aceite de oliva virxe extra, engadir dous dentes de allo esmagados, un par de rodas de xenxibre e a pasta de curry verde. Deixar cociñar removendo ata que a pasta se integre ben.
  • Engadir o leite de coco e o resto dos ingredientes, agás o coandro fresco.
  • Cando a preparación estea quente, incorporar as ameixas, tapar e deixar cociñar ata que se abran.
  • Servir as ameixas coa salsa por enriba e rematar cun pouco de coandro fresco picado