Ingredientes:
- Ameixas
- 1 cebola ou ceboliña
- 2 Dentes de allo
- Xenxibre
- Pasta de miso
- Salsa de soia
- Aceite de sésamo
- 200-250 ml de caldo dashi
- 100 g de fideos (tipo fideuá)
- Ceboliño
Preparación:
- Mesturar o caldo dashi con 3 culleradas de salsa de soia e 1 cullerada de aceite de sésamo. Reservar.
- Nun cazo, cun chorro pequeno de auga, colocar as ameixas, tapar e deixar que se abran. Reservar.
- Nunha tixola ou paelleira, quentar un chorro de aceite de oliva virxe extra a lume medio-alto e engadir a ceboliña picada. Cociñar durante un par de minutos e incorporar o allo e o xenxibre moi picados. Cando comecen a dourarse, engadir unha culleradiña de pasta de miso e remover para que se desfaga ben.
- Incorporar os fideos e refogalalos durante un par de minutos. Engadir o caldo dashi preparado e deixar cocer ata que os fideos absorban case todo o líquido. Rectificar de sal e, se é necesario, engadir algo máis de caldo.
- Incorporar as ameixas, deixar cociñar un par de minutos máis, engadir o ceboliño picado e servir


