Ingredientes:

  • 500 g de ameixas
  • 1 cebola grande
  • 3 dentes de allo
  • 20 ml de viño branco
  • 100 ml de caldo de peixe ou dashi
  • 1 cullerada de fariña
  • 1 culleradiña de pemento doce
  • 3 culleradas de tomate triturado
  • Perexil fresco

Preparación:

  • Nunha pota ou tixola, refogar a cebola picada.
  • Cando estea ben pochada, engadir o allo picado e cociñar un par de minutos máis. Incorporar un pouco de tomate triturado, sal, pementa e o pemento doce, e deixar cociñar durante uns minutos.
  • Engadir a cullerada de fariña e remover constantemente.
  • A continuación, incorporar pouco a pouco o viño branco e despois o caldo de peixe ou dashi. Cociñar durante uns 10 minutos e rectificar de sal e pementa se fose necesario.
  • Engadir as ameixas, tapar a pota e deixar cociñar ata que se abran.
  • Rematar cun pouco de perexil fresco picado antes de servir.