Ingredientes:
- 5 cm de alga kombu (aproximadamente ½ lámina seca)
- 500 ml de auga
- 10 g de katsuobushi (bonito seco)
Preparación:
- O caldo dashi é a base indispensable da cociña xaponesa. Utilízase para elaborar a sopa miso, cocer verduras, carnes e peixes, e pode atoparse xa preparado en mesturas listas para diluír en auga.
- Poñer a ferver os 500 ml de auga coa alga kombu (previamente lavada).
- Cando rompa a ferver, retirar a alga.
- Engadir o katsuobushi co lume acendido, deixar cocer un par de minutos e apagar. Cando os ingredientes se depositen no fondo, filtrar cun pano e reservar.
- Para darlle un toque diferente, pódese empregar cogomelo shiitake ou iriko (sardiñas secas xaponesas). Neste caso, débense deixar a remollo en auga durante aproximadamente dúas horas. Despois engádese a alga kombu e séguese o mesmo proceso de elaboración descrito anteriormente.

