Ingredientes:
- 1-2 Xardas medianas
- 2 Patacas
- ½ Mada de grelos
- 2-3 Dentes de allo
- Pementón doce
- Pementón picante
- Fariña de millo nixtamalizada
- Auga e sal
- Aceite de xirasol para fritir
Preparación:
- Para a masa dos tacos, mestura nun bol 20 g de fariña, 25 ml de auga e un chisco de sal por taco, amasa ben e prensa sen que quede moi fina. Marca a tortilla nunha tixola moi quente sen aceite polos dous lados, deixándoa algo crúa, retíraa e, aínda quente, levanta lixeiramente os bordos para darlle forma de sope. Frie no aceite quente, escórrea e reserva.
- Cociña as patacas e os grelos con sal e pementón durante uns 30 minutos ou 10 en ola rápida. Retira as patacas, esmágaas e mestúraas con pementón e aceite. Escorre os grelos e saltea uns minutos.
- Limpa as xardas e retira os lombos coa pel. Márcaos nunha tixola con allo laminado ata que estean feitos polos dous lados, sen que o allo se queime.
- Sírveos coa pataca na base do taco, grelos encima e un anaco de xarda co seu aceite. Espolvorea pementón ao gusto.

