Ingredientes:
- 1-2 Xardas (depende do tamaño)
- Sal afumada
- Azucre
- Raspadura de limón
- Raspadura de laranxa
- Pementa negra
- Endro (Eneldo)
- Tostas de pan
- Queixo crema
- Ceboliño fresco
Preparación:
- Limpa ben as xardas e retíralles a pel.
- Mestura a mesma cantidade de azucre e de sal, engade un pouco de raspadura de limón e laranxa, pementa negra recén moída, un pouco de endro e mestúraos ben.
- Pon nun recipiente unha capa da mestura, enriba pon o lomo de xarda limpo, logo outra capa da mestura. Déixao repousar na neveira uns 30 minutos (o tempo depende da intensidade de «curado» que queiramos achegar ao peixe).
- Retira todo o exceso de sal e azucre, pasao por un pouco de auga e sécao ben.
- Lamina o lombo coma se fose para sashimi (finas láminas) e sirve sobre as tostas estilo mariñeiras cun pouco de queixo crema na base.
- Engade un pouco de ceboliño picado por enriba.


