Ingredientes:

  • 2-3 Xurelos
  • 500 gr Tomate enteiro lata ou tomates maduros
  • 1 cebola
  • 2 Dentes de allo
  • Olivas negras
  • Alcaparras
  • Viño branco
  • Perexil
  • Ourego

Preparación:

  • Limpa os xurelos, retira os lombos e resérvaos.
  • Nunha tixola ou pota, pocha a cebola previamente picada a lume medio; cando comece a estar transparente, engade o allo laminado, deixa cociñar uns minutos e logo o tomate con todo o seu zume. Incorpora un chorriño de viño branco, sal e pementa e deixa cociñar uns 20 minutos.
  • Para corrixir a acidez do tomate podemos engadir un pouco de azucre ou incorporar cenoria picada no sofrito para que achegue dozura.
  • Pasado ese tempo, incorpora as olivas cortadas á metade e un par de culleradas de alcaparras. Deixa cociñar outros 4 minutos a lume medio.
  • Comproba que a salsa estea saborosa, incorpora o ourego e o perexil fresco picado e engade os lombos dos xurelos e cociñaos uns 3 minutos na propia salsa.