Ingredientes:

  • 250 g Pescada
  • 100 g Ameixas
  • 100 ml AOEVE
  • 2 Dentes de allo
  • 1 Chile pequeno (opcional)
  • 1 Rama de tomiño fresco
  • Sal e pementa branca
  • Viño branco
  • Ceboliño

     

Preparación:

  • Deixa as ameixas 1 hora en auga fría con sal (15 g por cada 500 ml), cambiando a auga un par de veces e retirándoas sen remover o fondo.
  • Limpa a pescada e córtaa en porcións duns 70-80 g (tamaño degustación). Salpementa e reserva.
  • Nunha pota pon o aceite, os allos lixeiramente esmagados, o chile e o tomiño a lume moi suave (sen que chegue a ferver, idealmente a uns 65 ºC).
  • Introduce os lombos de pescada coa pel cara arriba. O aceite debe cubrilos case por completo. Confita a lume mínimo durante 8-10 minutos, dependendo do grosor, ata que a carne adquira unha cor branca opaca e as lascas se separen facilmente. Retira con coidado e resérvaa nunha bandexa quente.
  • Mentres se confita o peixe, pon as ameixas limpas nunha tixola cun chorro de auga ou viño branco. Tápaas e cando abran retíraas do lume.
  • Para a emulsión (pilpil lixeiro): recupera un pouco do aceite de confitar a pescada e emulusiónao cunha varilla ou coador cun chorro da auga das ameixas, ata conseguir unha salsa ligada e abrancazada.
  • Serve a porción de pescada coa emulsión, 2-3 ameixas e decorar con ceboliño.