Ingredientes:

  • 1 lombo de xarda
  • 70 g de pan de broa (millo) de Bueu
  • 40 ml AOEVE
  • 1 Dente de allo
  • ½ culleradiña de pemento doce
  • Unhas pingas de vinagre de mazá ou fumet suave
  • Sal en escamas

Preparación:

  • Limpar moi ben as xardas sacando os lombos. Coa axuda dunhas pinzas, retirar a tira de espiñas centrais. Reservar en frío.
  • Para a costra de broa: esmigallar o pan de millo. Nunha tixola cunhas pingas de aceite, tostar as migas a lume medio sen deixar de remover ata que estean moi crocantes. Reservar.
  • Para a allada emulsionada: nun cazo, poñer o aceite cos allos laminados a lume moi suave. Cando empecen a «bailar» e dourar lixeiramente, retirar do lume. Deixar temperar un minuto, engadir o pemento e remover ben. Deixar decantar. Nun bol, poñer unhas pingas de vinagre ou auga morna e ir engadindo a allada coada pouco a pouco, batendo cunhas varas ata conseguir unha emulsión (tipo maionesa lixeira).
  • Cortar os lombos de xarda en porcións de bocado (2-3 anacos por lombo). Salgar lixeiramente.
  • Coa axuda dun soprete de cociña, queimar directamente a pel da xarda ata que se toste e a graxa aflore, cociñando lixeiramente a carne sen que chegue a pasarse (debe quedar zumarenta por dentro). Se non temos soprete, marcar a lume moi forte nunha tixola antiadherente só polo lado da pel.
  • Servir cada porción de xarda cun punto de allada emulsionada por enriba e esparexer as migas crocantes de pan de broa.