Ingredientes:

 

  • 1 folla de loureiro e uns grans de pementa negra
  • Pel e zume de ½ laranxa e ½ limón
  • 25 ml de vinagre de mazá ou Xerez suave
  • 50 ml de AOVE
  • Torradas de pan
  • 1 lombo de xurelo mediano
  • Para curar: 50 g de sal fino e 50 g de azucre
  • ¼ de cenoria
  • ¼ de cebola branca
  • 1 dente de allo

     

Preparación:

  • Limpar os xurelos sacando os lombos e quitando as espiñas.
  • Mesturar o sal e o azucre a partes iguais (mellor sal fino se temos pouco tempo). Nunha bandexa, poñer unha base desta mestura, colocar os lombos de xurelo e cubrir con máis mestura. Deixar curar uns 20-30 minutos na neveira (isto dará firmeza á carne).
  • Pasado o tempo, lavar ben os lombos baixo a billa de auga fría para quitar todo o sal e secar perfectamente con papel absorbente. Cortar en anacos de bocado.
  • Para o escabeche: cortar a cebola en xuliana fina e a cenoria en rodas ou tiras moi finas.
  • Nunha tixola co AOVE, sofrixir os allos enteiros esmagados, o loureiro e a pementa. Engadir a cebola e a cenoria e pochar a lume medio uns 10 minutos sen que collan moita cor.
  • Engadir as peles dos cítricos (sen a parte branca), o vinagre e os zumes de laranxa e limón. Deixar ferver a lume suave 2-3 minutos e apagar.
  • Verter o escabeche morno sobre os anacos de xurelo curado e deixar repousar polo menos 15-20 minutos antes de servir para que collan os aromas sen cociñarse de máis.
  • Servir os anacos de peixe acompañados cun pouco da verdura escabechada por enriba sobre unha torrada.