Ingredientes:
Para a sopa fría:
- 200 g de tomates pera moi maduros
- ⅛ de ceboliña ou cebola doce
- ⅙ de pemento vermello
- 1 anaco pequeno de cogombro pelado
- 10 ml de AOVE e 3 ml de vinagre de mazá
- Sal e azucre (para curar a xarda)
Ingredientes
- 1 lombo de xarda
- 100 g de berberecho
- Sal groso
- Xeo
Preparación:
- Limpar os lombos de xarda. Igual que co xurelo, preparar unha mestura ao 50 % de sal e azucre e curar os lombos de xarda durante 20-25 minutos. Lavar, secar moi ben e cortar en anacos pequenos.
- Para os berberechos: deixar os berberechos nun coador e meter nun bol con auga fría e sal, para que acaben de soltar toda a area. Poñer nun cazo cun dedo de auga ou viño e deixar que se abran. Retirar a cuncha e reservar.
- Para a sopa fría de tomate: lavar e cortar os tomates, a ceboliña, o pemento e o cogombro. Poñer todo no vaso da batedora co vinagre, un pouco de sal e un chorriño de auga fría se fose necesario. Triturar á máxima potencia ata que quede moi fino.
- Engadir o aceite pouco a pouco mentres seguimos triturando a velocidade baixa para que emulsione e quede unha sopa sedosa e brillante. Pasar por un coador fino ou chinés para retirar pebidas e peles. Arrefriar ben.
- Montaxe: nun prato fondo ou bol pequeno, poñer como base a sopa fría de tomate. Colocar por enriba un par de anacos da xarda curada e acompañar con 3 berberechos. Rematar cunhas pingas de aceite.

